Friday 19 de April de 2024

As Somozas acollerá o vindeiro 31 de decembro a I Andaina Santiaguiña Solidaria


• Dará comezo ás 16:00 horas da tarde e terá un percorrido de 10 quilómetros.

• Os prezos da inscrición serán de 10 euros para adultos e 5 para menores de 16 anos.

As Somozas acollerá o vindeiro sábado, 31 de decembro, a I Andaina Santiaguiña Solidaria, que coorganizan o Concello das Somozas, a Asociación Española contra o Cancro e a Asociación Deportiva Cultural O Santiaguiño, das Somozas.

O percorrido, que terá a saída na praza do Concello, terá unha lonxitude de 10 quilómetros con dificultade baixa. Os prezos da inscrición serán de 10 euros para persoas adultas e 5 euros para menores de 16 anos. Dará comezo ás 16:00 horas.

Todo o recadado será doado á AECC e toda persoa que desexe colaborar na doazón, poderá facelo o mesmo día da proba nunha carpa habilitada na praza do Concello.

O alcalde, Juan Alonso Tembrás, convida á veciñanza a participar “nunha actividade con fins solidarios, que combina precisamente esta parte altruista coa promoción da práctica deportiva”, e asegura que “As Somozas amosará novamente o seu lado máis solidario”.